miércoles, 13 de septiembre de 2017

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á CURTAMETRAXE

A Federación Provincial de ANPAs oferta a todas as suas ANPAs de Secundaria do Concello de A Coruña un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á CURTAMETRAXE en galego, impartida por Omar Rabuñal, coñecido polo seu traballo neste ámbito nos centros de primaria da cidade. As condicións para a participación na actividade son as seguintes:

·        A oferta estenderase aos catro primeiros centros que formen grupo. Diríxese aos alumnos de ESO e BACHARELATO, en dous grupos por tramos de idade/curso (1º grupo: 1º a 3º ESO; 2º grupo: 4º ESO e BACH).
·        O número de alumnos para a formación de grupo será dun mínimo de 10 alumnos e máximo 15.

·        A actividade será trimestral (10 sesións teóricas coas prácticas a maiores). Cada sesión teórica será semanal e terá unha duración de 1,5 horas.

·        A data de comezo será a semana do 9 de outubro. O día concreto da semana determinarase pola ANPA e segundo disponibilidades do monitor e do IES.

·         A cota é de 15 € mensual e o pago farase mediante domiciliación bancaria.

·         As inscricións poderán facerse directamente na ANPA ou a través do enlace https://goo.gl/9Wt6Te

·        A data límite da inscrición será o 28 de septiembre

No hay comentarios:

Publicar un comentario